vigo.gif - 5.74 Kb

Valoración campaña electoral

 

 

Rubén Pérez valorou hoxe a campaña electoral de EU como exemplo de que se pode poñer enriba da mesa propostas e programa antes que luces, globos e cores. Nun tempo de crise brutal a cidadanía quere propostas sinceiras e compromiso coa construcción dunha alternativa. EU fixo do traballo desinteresado da súa militancia e simpatizantes o baluarte “numantino” dunha política real e posible que representan as propostas de EU. Máis de 50 actos en toda a cidade, miles de dípticos coa proposta política de EU repartidos na rúa, miles de accesos a web da organización e descargas de programa, xuntanzas nas fábricas, nos centros educativos e na rúa. Todo contando simplemente co “optimismo gramsciano” da militancia e amigos de EU que, según calificou Rubén Pérez é “titánica” no traballo e no compromiso. 

ESQUERDA UNIDA contou para esta campaña somentes cos recursos saídos dos petos dos seus militantes e simpatizantes, e anunciou que fará público a semán que ven un informe de ingresos e gastos da campaña para amosar que é posible facer política dende a austeridade no gasto superfluo e a aposta pola política real que é a de facer e defender un programa e unhas ideas. 

Para Rubén Pérez a verdadeira valía deste proceso non é a entrada de EU no consistorio senón a recuperación dun proxecto político con vontade de cambio e compromiso leal cos intereses dos traballadores e traballadoras. 

ESQUERDA UNIDA agradeceu especialmente os centos de vigueses e viguesas que teñen sido “altofalante” das propostas da nosa organización para vencer os “xigantes” e tamén os “molinos” aos que se enfronta a nosa organización anticapitalista, alternativa e republicana

Relacionados