Valoración Coruña Wapa

ou se máis ben, como o noso grupo apunta, tanto pase de modelos e tanto despropósito tiveron algo que ver coa dinamización do comercio local.

Por outra banda, resulta certamente contraditorio vincular gastronomía e pases de modelos, cando por norma xeral, ás modelos que participan non semellan comer demasiado. Por outra banda, impulsar ese amago de prêt à porter comercial nunha cidade como Coruña constitúe un auténtico despropósito que tan só busca distraer a atención, non afrontando a agonía que está a padecer o pequeno comercio da cidade.

Esquerda Unida Porén, denuncia o flagrante fracaso da proposta da “Coruña W@pa” para a dinamización no comercio local coruñés. Esta proposta apunta ás aspiracións do Sr. Negreira para a cidade: que o pequeno comercio coruñés imite ao que existe na madrileña Avenida Serrano. Un comercio, que por suposto, só está ao alcance daqueles para os que o Sr Negreira traballa, os poderosos.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes afirma que esta campaña só serviu para publicitar eslóganes sexista e pouco afortunado como os de como os de “wap@”, “antes muerta que sencilla” ou “la belleza está en el vestidor”. Resulta máis que evidente afirmar que non se soluciona o problema do pequeno comercio promovendo a venda de roupa.

O voceiro de EU-V, César Santiso pregunta ao concello polo rendemento e polo retorno para o comercio local destes 240.000 euros investidos. E o pregunta convencido de que a súa aposta buscaría en todo momento facilitar a apertura dun maior nº de negocios, con alugueiros máis económicos e trámites máis sinxelos, apostando por facer o posible para dotar ao pequeno comercio de toda a cidade dunha diferenciación que non posúe, á vez que arroupa iniciativas novedosas que xoguen con de materias primas locais, e pola cercanía da súa xeración.

Relacionados