Valoración datos desemprego

Esquerda Unida valora positivamente o descenso de persoas rexistradas nos servizos de emprego pero subliña que o número de afiliadose afiliadas na seguridade social crece moi levemente, unha desproporción que ten o seu orixe en o grande incremento de coruñeses e coruñesas obrigadas a emigrar e no desánimo doutros que unha vez esgotan as prestacións deixan de acudir aos servizos de emprego. Esta situación demostra que as estatísticas do servizo de emprego deixan de reflectir a realidade, atopándose moito máis preto da realiade os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA).

Na provincia da Coruña rexistráronse 21.124 desempregados e desempregadas menos nas oficinas de emprego que fai un ano pero unicamente houbo 3.873 novos afiliados á seguridade social no mesmo período.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes reclama medidas para que os desempregados manteñan as súas solicitudes de emprego. Case a metade dos desempregados e desempregadas galegas rexistradas na oficinas de procura de emprego non teñen ningún ingreso, incrementándose un as persoas sen ingresos dispáranse un 73%. En EU defendemos a necesidade de adoptar políticas de integración social e benestar para os desempregados, coas que non so se promovería que estas persoas tivesen maiores espazos de integración, senón que incentivarían a renovación da cartilla do paro, cuxo abandono supón o paso previo a tirar a toalla. O desequilibrio entre paro reflectido no SEPE e na EPA suxire que mais dun 20% da poboación desempregada xa renunciou a renovar a súa demanda de emprego. Se ben a incorporación laboral é o primeiro obxectivo a cumprir, tamén debemos rematar coa sensación de abandono institucional ante a principal problemática dos últimos anos, o paro.

EU subliña un alarmante incremento do emprego precario e estacional, sendo a tónica actual o incremento de carga de traballo e as rebaixas salariais. Así, segundo a Axencia Tributaria as rendas das e dos contribuíntes galegos caeron este ano case 600 euros. 600.000 traballadores e traballadoras galegas teñen ingresos por debaixo dos 1000 € mensuais.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “un novo mes A Coruña amosa un comportamento moito peor que a media, situándose na cola do estado”. Mentres a media estatal amosa un descendo do persoas rexistradas nas oficinas de emprego, na Coruña tan so é do 1%. Isto é debido á carencia de medidas que promovan a actividade económica e a xeración de emprego por parte de Negreira que recortou un 40% as políticas de promoción económica, cunha redución de 9 millóns as actuacións de carácter económico, tamén recortou 600.000 € para o fomento do emprego.

 

Relacionados