Valoración datos desemprego agosto

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes lamenta que o millón e medio de euros gastados polo goberno local nas festas de María Pita tan so permitisen xerar 47 empregos na Coruña, e iso nos mellor dos casos pois dos 47 novos empregos no sector servizos, non todos son do sector hostaleiro ou do comercio que son os únicos sectores onde inciden de maneira determinante a chegada de turistas por mor das festas.  Con estes tristes datos o goberno municipal amosa a súa ineptitude ao necesitar un rateo de 32.000 € por emprego xerado.

Esquerda Unida considera que os datos do paro do mes de agosto demostran o fracaso da política do pan e circo do goberno local, incapaz de promover a economía produtiva para xerar emprego a través da economía verde ou a aposta polas novas tecnoloxías e a sociedade da intelixencia, apesares de recibir subvencións millonarias de Europa para o SamrtCity.

Así, baixo este por moito que o goberno municipal se empeñe de xogar cos datos segundo a súa conveniencia no certo e seguro é que no que vai de ano (dende o 1 de xaneiro e non dende o 1 de febreiro como calcula o goberno municipal para evitar contabilizar un mes nos que 1200 persoas engrosaron as listas do paro) o desemprego tan so descendeu en 683 persoas o que significa un 2,93. É dicir que no que vai de ano A Coruña recuperou emprego a menos da metade de ritmo que no resto da provincia ou que a nivel galego, que amosaron un descenso do paro do 6,67% e 7,63%  respectivamente.

Dende a chegada do PP a María Pita o paro incrementouse máis dun 13% o que significa que durante este período 2.629 coruñeses e coruñesas pasaron a engrosar as listas do paro. Diante desta situación o voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “estase a demostrar que os investimentos en ladrillo e formigón e festexos non son rendibles en termos de xeración de emprego, demandamos un xiro de 180º na política de promoción de emprego municipal”.

Relacionados