Valoración datos desemprego

Esquerda Unida lamenta que dende que o PP goberna na Coruña 4 persoas van ao paro diariamente, cun comportamento peor que a media galega en materia de desemprego. Dende xuño de 2011 2924 persoas engrosaron as listas do paro na nosa cidade o que supón un incremento de preto do 15%, mentres que en Galicia e a provincia coruñesa roldou o 12%. Concretamente a nosa cidade sufriu en setembro un 1,30% de incremento paro de en relación co mes de agosto. En Galicia foi do 1,25% na provincia coruñesa dun 1,16% e un 1,10% na comarca.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes alerta que na Coruña el paro incrementouse en termos porcentuais máis do dobre que a media española, cuxo porcentaxe de incremento foi dun 0,54% o que contrasta co 1,30% coruñés. Dato demoledor que explica a inacpacidade dun goberno municipal que non sabe nin quere desenvolver políticas activas de emprego e o fía todo a un documento que so ten valor mediático pero que nin marca obxectivos, nin ten dotación económica nin tampouco fixa indicadores para comprobar o seu grado de execución, así como a súa eficacia. Esta é a política do PP di que fai, fai que fai, pero en realidade non fai nada positivo.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “si o goberno municipal verdadeiramente quere loitar contra o paro, debe dar un xiro radical e abandonar a política do pan e circo, centrando os seus esforzos na reactivación económica e a promoción do cambio de modelo produtivo en lugar de facelo en festexos, ladrillo e formigón”.

César Santiso avogou polo desenvolvemento dun Servizo Integral de Apoio Municipal a Emprendedores (SIAME) que centre a súa actividade en axudar a autónomos, cooperativas e PEME cubrindo as necesidades básicas ás que se enfrontan os emprendedores, para que podan centrar o seu esforzo na actividade produtiva sen perder o tempo en outras actividades auxiliares, rachando así coa barreira burocrática que na practica desaléntea a moitos emprendedores a iniciar unha actividade e bloquea aos que xa a están a desenvolver. Así, mediante unha taxa que cubra custos de xestión o Concello xestionaría mediante recursos propios e convenios con empresas locais a prestación de servizos administrativos, das TIC, de loxística, de asesoramento contable, laboral ou tributario e incluso o acceso a oficinas administrativas.

Relacionados