Valoración datos do paro

 

Cun incremento de 1.743 novos parados un 0.83% mais respecto o mes anterior, Galicia segue como sexta comunidade no ranking de parados de España, e pasa a ter un total de 211.532 parados 1.743 mais que no mes anterior sen contabilizar as persoas en Formación. Algo semellante ocorre no computo do territorio español onde o paro incrementouse sumando 61.083 parados, cun total de 3.969.661 parados e paradas.

Novamente as mulleres seguen sumando a peor parte cun total de 115.163 paradas, 1.327 mais que o mes anterior fronte os 96.369 homes parados, 416 mais que o mes anterior. Mentres que por provincias, A Coruña con 85.110 e Pontevedra con 83.118 son as de maior destrución de emprego seguidas de Ourense con 23.520 e Lugo con 19.784 persoas en desemprego.

Esquerda Unida considera que a “fuxida” do ministro de Traballo, Celestino Corbacho, do Executivo para incorporarse a lista do PSC as eleccións cataláns constata o “fracaso laboral” do Goberno tras a aprobación de unha “contrarreforma laboral” e confirma a “crise por entregas” que está a sufrir o Executivo de José Luís Rodríguez Zapatero.

Para EU, Galicia camiña a deriva en materia emprego, resultado das políticas neoliberias do PSOE e PP auspiciadas polo sistema capitalista. Fronte a estas políticas económicas devastadoras, Esquerda Unida é a única forza política na Galiza que ten desenvolvido un Plan de Emprego encadrado no Programa Marco Estratéxico para a Recuperación Económica e Social de Galicia.

Asemade, Esquerda Unida denuncia a inacción do Goberno do PP que mais aló de resolver os problemas da clase traballadora, centra a súa política en visitas Papais esperando deste un milagre. En materia laboral deixounos claro a súa política en materia de incendios onde a desgraciada morte de dous traballadores forestais culminaron o marco da mítica foto do Sr. Núñez Feijoo de apagalumes no concello de As Neves, con chaque e mangueira.

EU solidarizase con tódolos traballadores e traballadoras involucrados en conflitos laborais, peches ou falta de pagamentos, anímandos a sindicalizarse e denuncialos ante os xulgados, ao tempo que fai un chamamento as centrais sindicais, aos traballadores e traballadoras e as persoas desempregadas para que se sigan mobilizando e denunciando a política do Goberno Español e Galego en materia de emprego. Asemade fai un chamamento a unidade sindical cara os actos e desenvolvemento da folga xeral do día 29, pois ante a avaricia do capital solo cabe a unidade sindical.

Esquerda Unida invita a tódolos cidadáns a participar na mobilización en apoio a FOLGA XERAL que se vai celebrar o vindeiro día 12 as 12 da maña, dende a Alameda en Compostela.

Relacionados