Valoración datos do paro

 

Así pois, Galiza esperta novamente cunha situación xa anunciada por esta organización nos meses anteriores, na que se confirma o aumento do desemprego e a exclusión social, o que demostra o fracaso das políticas de emprego tanto do PP como do PSOE a tódolos niveis institucionais, políticas que responden os posicionamentos destes partidos  que defenden o sistema capitalista neoliberial.

 

Esquerda Unida denuncia que a situación social dalgunhas familias esta a empeorar gravemente sen que o goberno da Xunta faga nada efectivo.

 

Queda demostrado que a atención do PP en Galicia centrouse en salvagardar os membros implicados en  casos de corrupción, coma o Gürtel, intentando facer crer aos galegos e galegas, que os beneficiados da trama son a titulo individual sen implicar o partido en vez de resolver os problemas reais dos traballadores e traballadoras. O Partido Popular está ante a “hora da verdade” despois de que fracasaran  todas as estratexias despregadas desde que estallou este escándalo de comisións, contratos, amizades e regalos entre empresas que daban servicios ó PP e un número importante dos seus destacados dirixentes en varias Comunidades como a Galega.

 

Esquerda Unida recorda que é a única formación política que dende máis dun ano ten desenvolvido un programa marco estratéxico para a recuperación económica e social da Galiza que permitiría crear emprego digno, mellorar a calidade de servizos sociais como sanidade ou ensino, dar un pulo a incorporación da muller ao mundo do traballo, ou avanzar no transporte público sostible.

 

Con todo, o Goberno do PP ignorou a nosa proposta, o que ven a demostrar a necesidade de que Esquerda Unida este representada no Parlamento galego para defender os intereses da clase traballadora e pular a prol do público.

Relacionados