Valoración datos do paro

 

Cun total de 73 persoas mais nas listas do paro o PP de Galicia e Ponteareas enfróntanse o fracaso consumado da súa política no eido laboral.

Novamente as mulleres volven pagar a inxustiza do paro cun total de 1363 fronte os 1133 homes en desemprego. Ponteareas amence cun total de 2496.

A nula política de emprego por parte do PP e UCPA no concello de Ponteareas, a paralización do PXOM,  ou o estancamento do polígono industrial fixeron elevar estes datos.

Este aumento do Paro en Galicia que pasa de 216.095 a 223.894 indica a realidade anunciada xa por esta organización, a nosa dirección nacional xa previa este escenario, e se deixaba claro que,  a esperanza ou a fe co Xacobeo ou coas visitas papais non ían ser elementos para revertir esta situación.

En canto o panorama estatal nos encontramos cun novo aumento de 68.213 desempreados (1,7%) respecto o mes anterior. O paro rexistrado situase en 4.085.976. un datos moi rechamantes xa que a politica do PSOE de ZP queda en envidencia, logo de afirmar que as reformas laborais servirían para reconducir a situación. Unha vez mais queda claro que  as reformas laborais foron para enriquecer mais os banqueiros e as grandes multinacionais e non para dar solucións a clase traballadora.

González Lago fai un chamamento os parados e paradas para que se mobilicen en contra destes gobernos, municipais,autonómicos e nacionais que solo centran o seu tempo en arranxar os problemas dos seus sen importarlle para nada o resto  da clase obreira.

Cada día queda mais claro que a única alternativa e Esquerda Unida.

Contra esta lacra social, mobilízate.

O traballo só pode ser digno.

Relacionados