paro.jpg - 4.20 Kb

Valoración datos do paro

A dous meses vista das eleccións municipais, e logo das brutais reformas por parte do Goberno apoiadas polo PSOE de Pancho Candeira en Ponteareas non se crea emprego, todo o contrario se destrúe aínda mais.

 

As subidas indiscriminadas dos impostos, e dos servizos básicos dos cidadáns como o gas,luz, certifica que PSOE púxose o servizo do CAPITAL, sen importarlle nada a clase traballadora, descolocando cada día que pasa con novas iniciativas, que en vez de solventar os problemas, o que xeran e moita mais desconfianza.

Lamentamos o enmudecemento da  Xunta do PP e do propio goberno municipal de Salvador González Solla, que agora con estes datos, certifican que a política de emprego posta en marcha no concello foi totalmente nula.

 

Para González Lago, a presencia na corporación de grupos políticos independentes, significou aínda mais o empobrecemento da clase traballadora xa que estes so se presentan os comicios municipais para resolver os problemas das súas empresas,especular e sobre todo crear  redes clientelares de corrupción.

Relacionados