Xa que logo, Esquerda Unida afirma que o paro na Galiza aumentou seis veces máis que no resto do Estado, que o fixo nun 0,6%. Unha situación xa anunciada por esta organización nos meses anteriores, na que se confirma o aumento do desemprego e a exclusión social, o que demostra o fracaso das políticas activas de emprego e de rexeneración e reactivación da actividade económica, tanto do PP como do PSOE a tódolos niveis institucionais, políticas que responden os posicionamentos destes partidos que defenden o sistema capitalista neoliberial.
Os datos amosan novamente como esta lacra social se ceba de novo sobre as mulleres cun incremento de 4079 mulleres fronte aos 3748 homes. Así o total de mulleres desempregadas sitúase en 125.680 fronte as 121.601 do mes de outubro, mentres que os homes suman 106.041 fronte os 102.293 do mes anterior.
Esquerda Unida denuncia que pese ao aumento do paro, da situación social dalgunhas familias que esta a empeorar gravemente e da exclusión social, a xunta do pp está a aplicar grandes recortes nos servizos sociais e abandona aos concellos a súa sorte medinte o recorte de subvencións en materia social, o que se traducirá no paulatino abandono das persoas máis necesitadas, principalmente nos concellos con poucos recursos ou afogados económicamente.
Esquerda Unida recorda que é a única formación política que dende máis dun ano ten desenvolvido un programa marco estratéxico para a recuperación económica e social da Galiza que permitiría crear emprego digno, mellorar a calidade de servizos sociais como sanidade ou ensino, dar un pulo a incorporación da muller ao mundo do traballo, ou avanzar no transporte público sostible.
Con todo, o Goberno do PP ignorou a nosa proposta, o que ven a demostrar a necesidade de que Esquerda Unida este representada no Parlamento galego para defender os intereses da clase traballadora e pular a prol do público.