Valoración datos paro de febreiro

A obediencia do PP da Xunta ó sistema capitalista Galego reflicte unha nova sangría, que nos vindeiros meses elevarase, xa que a economía galega atopase secuestrada polos dictados dos Mercados Financeiros e da Banca.

Unha vez mais centos de traballadores Galegos, sumáronse as listas do INEM logo de pasar o mal trago de ver como a súa empresa desplumábase por falta de liquidez ou polas contraccións de débedas emitidas por algunhas promotoras inmobiliarias, que agora coas leis aprobadas polo PP e PSOE  permítenlle poñerse a refuxio, con ERES, ou a Lei concursal.

A ineficacia das inspeccións de Traballo Galegas, o non perseguir o fraude nos ERES dalgunhas empresas, e o descontrol sobre a onde foron a parar os miles de millóns de cartos públicos inxectados desde as Administracións Galegas e Españolas, permitiron aínda mais este descalabro.

Esquerda Unida recorda que certas empresas estratéxicas deberían ser controladas rigorosamente pola administración, para evitar a evasión dos cartos das subvencións.

A posta de xeonllos dos Sindicatos maioritarios, indo da man do PSOE de Zapatero, deulles mais forzas a certos empresarios que con esta crise, están facendo unha autentica limpeza de traballadores con antigüidade consolidada, coa escusa de grave crise económica.

Agora toca volver esperar os novos datos do mes de Marzo, Abril e Maio para comprobar que a política de obediencia os mercados e a banca, cada día fai mais pobres os traballadores e traballadoras.

Este é o resultado do voto útil en España pero sobre todo en Galicia, o incremento de 2448 persoas en desemprego ate chegar a un total de 248.279 parados, a pesares do maquillaxe utilizado pola Xunta para presentares os datos do paro.

 

* Fonte de datos, consellería de relacións laborais, Xunta de Galicia

Relacionados