Valoración datos paro de marzo

 

Pola súa banda, na bisbarra coruñesa 371 persoas perderon o seu emprego, alcanzado os 31.609 parados e paradas, o que supón un aumento 1,19%, porcentaxe moi inferior ao acadado no concello coruñés cun aumento de 1,67%.

 

O Consello Local de Esquerda Unida denuncia que o paro no concello da Coruña aumentou un 40% máis que o da bisbarra coruñesa no mes de marzo. Para EU a enorme diferenza porcentual ven a demostrar incapacidade do Goberno coruñés para defender os intereses dos traballadores e traballadoras coruñeses.

 

Esquerda Unida pregúntase como é posible que o goberno municipal non sexa quen de desenvolver accións tendentes a moderar os brutais ERE’s que están a executar distintas empresas afincadas na Coruña, como o caso de Caramelo ou Sykes. Aínda que a nosa organización é consciente que a misión dos concellos non consiste en mediar nos conflictos laborais, consideramos inaceptable que un goberno como o do bipartito coruñés, que se di de esquerdas, lávese as mans ante os devanditos conflictos sen tan sequera levantar a voz.

 

Semella que o Goberno do concello da Coruña está máis preocupado en desenvolver campañas propagandísticas para enxalzar a súa xestión que a loitar pola defensa dos postos de traballo dos coruñeses e coruñesas.

 

Esquerda Unida aposta polo desenvolvemento de políticas municipais xeradoras de emprego de calidade, nas que se aposte pola defensa dos servizos públicos e se pule pola verdadeira incorporación da muller ao mundo laboral, pois os datos demostran que o colectivo máis prexudicado segue a ser o das mulleres con 10.814 paradas fronte os 9.200 homes, o que ven a supoñer que o 54% das persoas sen emprego son mulleres.

Relacionados