Valoración datos paro mes de outubro

 

 

O sector máis castigado e o de servizos que incrementou o desemprego nun 2,04% respecto o mes anterior chegando ata os 19.583 parados e paradas. Esta situación confirma as denuncias desenvolvidas polo Consello Comarcal de EU Coruña en relación coas eivas do Goberno municipal coruñés na súa política de crecemento baseada no fomento da implantación de grandes superficies en detrimento do pequeno comercio, situación que está a provocar o continuo peche de establecementos e por conseguinte debilitando a tradicional vida de barrio coruñesa.

 

O consello comarcal de EU Coruña avoga por outra filosofía de cidade, unha cidade máis amábel e sostible na que non sexan necesarios os constantes desprazamentos, principalmente en automóbil. Para elo, propón a recuperación da tradicional e entrañábel vida de barrio coruñesa mediante unha política municipal baseada no apoio e promoción do pequeno comercio para que cubra, en cada barrio a demanda de bens solicitados polos seus habitantes.

 

Por iso, Esquerda Unida propón o desenvolvemento dun Plan Estratéxico Municipal de Potenciación e Desenvolvemento do Pequeno Comercio, os Autónomos e as PYMES xunto con un Plan de Reactivación da Vida nos Barrios.

 

No conxunto do Estado o número de parados incrementouse en 68.213 persoas, un 1,7% respecto ao mes de setembro, encadeando así tres meses á alza tras aumentar en agosto e setembro en 61.000 e 48.000 persoas, respectivamente. Este incremento do paro ven a confirmar o fracaso da reforma laboral desenvolvida polo Goberno do PSOE e rexeitada profundamente por esquerda unida, os sindicatos e o conxunto dos traballadores. Xa que logo, ven a demostrar que o Goberno central está a desenvolver unha política económica errática baseada en recortes sociais e na reducción de investimentos que lonxe de mellorar a situación económica do Estado, está a afundilo mais, se cabe.

 

Esquerda Unida denuncia que o paro sube porcentualmente máis na comarca da Coruña que no resto do Estado, como se desprende dos datos analizados: 2,04% na comarca coruñesa fronte o 1,7% da media estatal.

Relacionados