Valoración debate2013

Galicia sigue á cola do estado no importe das pensións, o desemprego xa é estructural e a destrución de tecido industrial posiblemente irreversible.

A executiva nacional de Esquerda Unida considera que o debate do estado da nación evidencia unha estratexia “goebbeliana do PP de tentar que as mentiras se convirtan en verdades a base de repetilas.

Yolanda Díaz, coordinadora nacional de EU e vicevoceira de AGE suliñou hoxe que “Feijóo pasou de ser o Presidente que ía arranxar o desemprego en 45 días a sinalar que carecía de competencia para emprender políticas activas de emprego ata culminar nunha estratexia goebbeliana de maquillaxe para ocultar as insoportables cifras de desemprego en Galicia así como o seu crecemento en relación ás medias estatais.

A pesares das mentiras de Feijóo , a realidade é teimuda e sitúa a Galicia con máis de 180.000 persoas que carecen de protección social. A esas persoas a redución dun 0,5% no tramo autonómico do IRFP non supón absolutamente nada de mellora nas condicións básicas de vida: educación, sanidade, vivenda ou mesmo os niveis de alimentación dignos que marca a F.A.O.

Ante o discurso de Feijóo, EU manifesta que non se pode mentir ao país e á xente que o está a pasar mal e felicita a Alternativa Galega de Esquerdas por erixirse como “a oposición real que os traballadores e traballadoras de Galicia precisan”. Así mesmo felicita a intervención do portavoz de AGE, Xose Manuel Beiras que centrou o principal problema que vive Galicia, o estado español e Europa, o proceso de acumulación da riqueza en mans duns poucos que para perpetualo non teñen reparo en “demoler” a democracia, os escasos logros sociais en materia de sanidade e educación e mesmo artellar un proceso de criminalización da lexítima responsa dos movementos sociais

Relacionados