Valoración do paro en abril

 

Os datos amosan que 849 persoas pasaron a engrosar as listas do paro o que supón un incremento do 0,31% sobre o mes anterior e un 13,48%, chegando a un total de 277.644 persoas desempregados das que 142.766 son mulleres. Por provincias encabeza cun maior numero de parados  A Coruña cun total de 109.344, Pontevedra 109.224, Ourense 31.274 e Lugo 27.802.

 

Esquerda Unida – Os Verdes anuncia que Galiza avanza inexorabelmente cara ás 300.000 persoas desempregadas froito das políticas de recortes dos Gobernos de Rajoy e Feijoo. Resulta moi preocupante que continúe o incremento de desempregados na industria, sector caracterizado tradicionalmente pola súa estabilidade no emprego. Tamén resulta preocupante que diminúan os beneficiarios das prestacións contributivas e se incremente os beneficiarios de subsidios, especialmente a renda activa de inserción.

 

A executiva nacional de Esquerda Unida considera que os recortes nos orzamentos do Estado xunto cos de sanidade e ensino ademais de cercenar dereitos á cidadanía van incidir aínda máis na destrución de emprego. Como pon de releve a incidencia negativa da reforma laboral que prioriza o desemprego, a entrada en ERES das empresas de fabricación de compoñentes de automóbil así como o bloqueo na construción do sector naval Galego. Neste último apartado EU cualifica as declaracións do Conselleiro Guerra como impresentables e un autentico engano aos traballadores e traballadoras do Naval, xa que propón facer unha manifestación en Bruxelas,para buscar a solución o NAVAL algo que debería explicar ben, xa que en Galicia,España e Europa goberna o PP.

 

O responsábel nacional de economía e traballo indicou que “o tempo pon a cada un no seu sitio, agora podemos constatar que as preocupacións de Feijoo e Rajoy encamíñanse cara aos bancos en vez de a creación de emprego”. Así as cifras amosan que as políticas de recortes aplicadas polo Goberno Feijoo están a afogar ás familias traballadoras galegas, desincentivando o consumo na nosa comunidade, ralentizando a economía produita e, xa que logo, destruíndo emprego e afundíndonos nunha recesión da que nunca sairemos mentres o PP sega a aplicar o dogma neoliberal.

Relacionados