Valoración do paro

datos que autorizan a cualificar a actual situación económica e social como un desastre económico que sementa devastación social.

Situación que se produce  sen que os gobernos da Xunta e  do Estado fagan outra cousa que coller os cartos públicos para darllos a banqueiros, rendistas e defraudadores.

Os datos do crecemento do paro na nosa cidade xunto a caída das afiliacións á seguridade social supoñen unha moción de censura a unha política inútil e lesiva para a nosa cidadanía, a que teima en aplicar o PP.

Suso Basterrechea  reclámalle ao alcalde que reaccione e formule diante das administracións públicas da Xunta e do Estado os elementos doutra política industrial activa, promovedora de sectores sustentables e que afiance e amplíe os servizos públicos de carácter social, que hoxendía neste contexto de crise e recesión son indispensables.

181 novos parados na cidade e preto de cincocentos na comarca, cunha especial incidencia negativa entre as mulleres e a xente nova supoñen o peor certificado para comenzaren a frontar o outono. Esquerda Unida chama a cidadanía a artellar un rexeitamento a esta política, que rescata banqueiros, defraudores e grandes empresarios para castigármonos no apro a cidadanía traballadora, nas vindeiras eleccións galegas.

 

Relacionados