O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera que os datos da EPA do segundo trimestre son moi preocupantes porque non amosan ningún repunte da actividade económica como acontece no resto do estado por ser unha época estacional de incremento da actividade. Como certifica o dato de que o número de persoas ocupadas mantense en 106.200, as mesmas que tres meses atrás.
Especialmente significativo e o afundimento do pequeno comercio, pois nun período tradicionalmente positivo debido ao inicio das vacacións, o sector servizos perdeu 900 postos de traballo que se contrarrestaron co sector primario (agricultura e pesca) que debido a época de labranza empregou a 600 coruñeses que perderan o seu posto de traballo logo da colleita, no outono.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “a EPA ven de desmentir as falsas mensaxes de optimismo do goberno municipal, pois as 700 persoas que neste trimestre abandonaron as listas do paro, non atoparon emprego, senón que deixaron de buscar por desanimo debido á falta de oportunidades laborais, algo que acontece moito máis ás mulleres” (1.400 abandonaron a búsquea no 2T).
César Santiso recordou que “apesares de que o goberno local é experto en maquillar os datos, a triste realidade indica que ao rematar o mes de xuño de 2013 había na cidade 1.800 persoas máis nas listas do desemprego que en xuño de 2012, é dicir o paro incrementouse un 9,3% nun ano”.
Esquerda Unida alerta de que si o goberno non aplica medidas urxentes o paro crecerá en outono de maneira alarmante, debido á perdas de postos no sector primario, a continua pérdida de postos no sector servizos capitaneada pola caída do pequeno comercio e o declive dun sector industrial, xa de por si moi minguado na nosa cidade.
Xa que logo, urxe actuar con medidas urxentes cuxos resultados impacten de inmediato na economía produtiva local e permitan a xeración de emprego a través da reactivación económica como, por iso EU propón a creación dun Servizo Integral de Apoio Municipal a Emprendedores (SIAME) que permita dinamizar a actividade económica en base a potenciar PEME, autónomos e cooperativas. Unha ferramenta efectiva que pretende cubrir as necesidades básicas ás que se enfrontan os emprendedores, para que podan centrar o seu esforzo na súa actividade produtiva sen perder o tempo en outras actividades auxiliares necesarias para manter a actividade e rachar así coa barreira burocrática que na practica desaléntea a moitos emprendedores a iniciar unha actividade e bloquea aos que xa a están a desenvolver.
Así, mediante unha taxa que cubra custos de xestión o Concello xestionaría mediante recursos propios e convenios con empresas locais a prestación de servizos administrativos, das TIC (informáticos e comunicacións), de loxística, de asesoramento contable, laboral ou tributario e o acceso a oficinas administrativas en réxime compartido.
O SIAME pretende ser un alicerce para promover o cambio do modelo produtivo local e acadar maior capacidade competitiva das nosas empresas, xa que logo, aglutinará a distintos departamentos municipais como os servizos desenvolvidos polos técnicos de emprego, o viveiro de empresas, as políticas activas de emprego, comercio, turismo, formación, contratación e outros relacionados que na actualidade actúan de maneira independente. Con esta reestruturación actuarase de maneira sinérxica e coordinada, ofertando ao tecido produtivo local unha solución baseada nos criterios desenvolvidos polos expertos da economía do ben común, de Responsabilidade Social Corporativa (RSC), da sostenibilidade e do peak-oil, para que as nosas empresas señan menos dependentes do petróleo, máis competitivas, xeren emprego sustentable de calidade e xeren riqueza local.






