Valoración EPA 3T

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes amosa a súa preocupación diante do descenso das taxas de ocupación e de actividade que amosa a EPA do terceiro trimestre respecto ao mesmo período do ano pasado. Estes datos desmenten ao goberno municipal e demostran que non se está a crear emprego, porque mentres que a taxa de desemprego baixou un 0,6, pasando do 17,9% ao 17,3%, a taxa de poboación ocupada reduciuse dos puntos, dende o 49,9% ao 47,9%, mentres que a taxa de actividade descendeu en preto de tres puntos, pasando do 60,7% ata 57,9%.

Esquerda Unida alerta de que continúa a destrución de emprego na cidade mentres se agrava o deterioro económico e demográfico. A acusada diferenza entre a baixada da poboación ocupada e a de desemprego é un indicador preocupante para a cidade, pois confirman que o reemplazo laboral ten un saldo moi negativo e que a veciñanza cada día é economicamente menos produtividade e mais dependente.

O voceiro de EU-V, César Santiso, sinalou que “si non nos quedamos na lectura simplista dos datos da EPA como fará o goberno municipal, podemos observa como cada vez traballa menor porcentaxe da poboación e os que deberían tomar o relevo deixan de buscar activamente e saen do sistema masivamente”. A cidade precisa de medidas urxentes para conter a destrución de emprego e de políticas que permitan a apertura a sectores produtivos desatendidos.

Relacionados