Valoración éxito Folga Xeral

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela apoiará as mobilizacións sindicais que, tralo éxito da folga xeral, se fagan para evitar as políticas neoliberais que priman o lucro dos mercados sobre as necesidades da cidadanía.

 

A xornada de folga xeral do 29 de marzo e 2012 foi un éxito. A primeiras horas da mañá a demanda de consumo enerxético era bastante inferior á folga do 2010 e moi próxima á da folga do 2002. Os sectores públicos víronse cáseque paralizados, constatándose pasillos baleiros en San Caetano e ausencia de profesorado nas aulas dos centros educativos. O transporte público case non funcionou. A recollida de lixo tampouco. E mesmo, nun exercicio de democracia e compromiso solidario e cívico, moitos comercios pequenos da cidade de Compostela pecharon os seus locais comerciais. As facultades universitarias pecharon tamén as súas portas, uníndose así a mocidade ao clamor en contra dunha reforma que quere dinamitar os dereitos da clase traballadora, que quere inutilizar para sempre á Constitución Española, negándonos o dereito a un traballo digno, con dereitos, e coa remuneración suficiente para vivirmos dese traballo, ao mesmo tempo que nos quere deixar indefensos ante as esixenzas da patronal, esnaquizando a negociación colectiva.

 

A cidadanía dixo o 29 de marzo, alto e claro, que non quere traballar de xeonllos.

 

O goberno de Rajoy debera escoitala, reflexionar e dar marcha atrás. A non ser que desexe asentar un conflito social permanente. O pobo non quere ser escravo, e loitará para impedilo.

 

Sabemos que os medios sometidos aos ditados da patronal e afíns ao goberno manipularán os números, mentirán e dirán que a folga non tivo éxito. Pero, como sabemos todos, esta mentira non pode agochar a realidade das fotografías e que o 29 de marzo, en Compostela, milleiros de persoas percorreron as rúas acompañando ao sindicalismo de clase, de tal forma que non se recordan manifestacións tan numerosas no eido comarcal.

 

Esquerda Unida Compostela participou con cabeceira propia na manifestación convocada por CC.OO.-UXT. Tanta xente houbo que a praza de Praterías, onde remataba a manifestación, non era quen de acoller aos milleiros de persoas que aínda entraban nas rúas do casco vello compostelán. Entón xurdiu o berro unísono de “ao Obradoiro”, e despois das alocucións dos representantes sindicais da Comarca de Compostela de CC.OO e UXT, a manifestación trasladouse ao Obradoiro onde proseguimos coas nosas reivindicacións. A imaxe dun Obradoiro ateigado deu a volta a todo o Estado grazas ás redes sociais. Unha imaxe que contrasta coas mentiras que ningunean ou reducen a importancia da folga xeral do 29 de marzo de 2012.

 

Esquerda Unida Compostela traslada o seu parabén á cidadanía comprometida que saiu ás rúas a reclamar os seus dereitos e un futuro mellor. Felicitámonos tamén polo carácter reivindicativo ao mesmo tempo que pacífico, pacífico a pesares do que pense Conde Roa e o PP, co apoio do PSdG, no Pleno

Relacionados