Valoración folga 29S

 

Máis de 50.000 persoas desfilaron polo centro da cidade en rexeitamento da Reforma Laboral e da política antiobreira do goberno de Zapatero.

 

Dende Esquerda Unida felicitamos ás centrais sindicais que fixeron posible esta masiva mobilización.

 

A reforma laboral aprobada polo PSOE e certos nacionalistas, coa complicidade do PP e co apoio lacaio dos medios de comunicación afins, favorece o abaratamento do despido e a desregulación  das relacións laborais, para beneficio dos que mandan neste país (a banca, tanto española coma  extranxeira, e as grandes empresas multinacionais) e para desgracia clase obreira  e pequeno empresariado. 

Estamos nunha crise do sistema capitalista e os promotores destas medidas  saben que con elas agravarase a recesión e o paro, pero non fan máis que obedecer axeonllados ante o seu amo: o capital.

Esta reforma súmase á cadea de agresións antiobreiras  que vimos padecendo nos derradeiros tempos: recorte salarial ao persoal da función publica, incumprimento na revalorización das pensións e o carácter retroactivo das axudas á Dependencia, obstáculos establecidos para a xubilación parcial, paro xuvenil do 40% da poboación activa, restrición de medicamentos, asfixia dos concellos, suba da electricidade e outros artigos en mans de monopolios privatizados, suba do IVE ó 18%.

 

Salientamos que fronte a estes despropósitos hai unha política alternativa, global, defendida por ESQUERDA UNIDA, froito dun rigoroso estudio das posibilidades reais de desenvolvemento sostible e da interlocución cos movementos sociais: Así, entre outros moitas medidas, propomos implantar a banca pública non especulativa en burbullas financieiras nen paraísos fiscais, que axude ó tecido produtivo sostible ecolóxicamente,  xerador de postos de traballo; propomos servizos  de titularidade pública e calidade en  educación, sanidade, atención a dependencia e outros. 

Relacionados