Os máis de 25.000 coruñeses e coruñesas que se votaron as rúas para loitar contra as medidas do Goberno, deixáronlle a este ben claro que non van a pagar as consecuencias da crise. O Consello Comarcal de EU Coruña participou cunha faixa propia formada por medio milleiro de afiliados e simpatizantes na manifestación unitaria convocada polos sindicatos CCOO e UGT que congregou ao redor de 15.000 persoas.
Esquerda Unida valora como un grande éxito o amplo seguimento da folga tanto na provincia coruñesa, como no resto da Galiza e do Estado
Para O Consello Comarcal de EU Coruña a mensaxe enviada polo conxunto de traballadores e traballadoras, deixa ben as claras o absoluto rexeitamento das medidas económicas de corte neoliberal desenvolvidas por PSOE e PP, baseadas en recortes sociais e laborais e o debilitamento do público a prol do beneficio privado.
O amplo aval acadado polas organizacións sindicais, neste día de loita, ven a cobrar maior importancia, se cabe, diante da campaña mediática contra as organizacións sindicais e a esquerda alternativa e transformadora desenvolvida polos lobbys neoliberais e conservadores, nun vano intento de por de xeonllos a maioría social diante do capital.
Asemade, Esquerda Unida congratúlase por conseguir transmitir a sociedade as súas propostas para unha saída social e de esquerdas a crise que demostran que hai unha alternativa favorábel para a maioría social baseada nun principio elemental como o de solidariedade “quen máis ten, máis aporta”.