Esquerda Unida quere salientar o magnífico exercicio de cidadanía democrática que vén de se producir na nosa cidade e comarca.
Onde a clase traballadora e a grande maioría da sociedade ferrolá compartiu o rexeitamento ao golpe de Estado laboral do PP, participando na xornada de folga xeral e manifestándose reivindicativa e pacifícamente polas rúas da cidade. Dende a industria ate o transporte pasando polo exemplar peche solidario do pequeno comercio deixa as claras o sentir moi maioritario contra o golpe de Estado laboral do PP.
A cidadanía participou na xornada de folga xeral e manifestouse reivindicativa e pacifícamente polas rúas da cidade. Dende a industria ate o transporte pasando polo exemplar peche solidario do pequeno comercio deixa as claras o sentir moi maioritario contra o golpe de Estado laboral do PP.
Lamentablemente temos que reprobar a desafortunada intervención policial municipal que rematou cun sindicalista ferido e que somentes enturbia unha xornada de loita cívica impecable. A violencia non é o xeito lexítimo en que as autoridades municipais poden respostar ao malestar da cidadanía polas agresións do Goberno Rajoy. O Goberno ten que asumir as críticas e correxir as medidas que desgustan de xeito xeral ao país, non mallar aos manifestantes e críticos coas súas políticas.
Javier Galán esixe que se fagan públicas as directrices de actuación impartidas polo Goberno Municipal en aras a garantir unha xornada en paz e sen violencias. Hoxe, cando unha persoa resulta ferida pola actuación municipal, EU fai responsable deste incidente ao Goberno Municipal, que terá que explicar as ordes de actuación dadas e depurar responsabilidades. Non se defende unha política de recortes mallando nas persoas, sinala Javier Galán.
Doutra banda, EU reclamará tamén na Comisión os datos do atestado levantado pola forza pública para tentar clarexar os pormenores do incidente.
EU quere chamar a atención acerca da realidade desta xornada onde o dereito a protexer é o dereito constitucional de facer folga, porque desgrazadamente abondan os casos de traballadoras e traballadores coaccionados pola súa empresa para non exercer un dereito lexítimo e democrático, que somentes a ditadura franquista prohibiu.
A cidadanía non foi traballar este día 29 para pódelo facer de maneira estable e con dereitos de cotío. O PP ten que RECTIFICAR e negociar unha saída co sindicalismo de clase e a oposición política de esquerdas. Non outra cousa acordouse abrumadoramente no plebiscito cidadá do xoves.