Valoración manifestación en defensa da sanidade pública

 

 A manifestación finalizou nunha ateigada praza da Quintana onde se denunciou a barbarie privatizadora que está a desenvolver o Goberno do PP, a quen se lle esixiu que de marcha a tras nas súas políticas privatizadoras, para evitar a quebra económica do sistema sanitario público galego.

Esquerda Unida manifesta unha vez máis a súa radical defensa dos servizos públicos de calidade, como o é a sanidade, e crítica a actitude depredadora do Goberno do PP que, aliado co capital, lonxe de garantir o correcto funcionamento do sistema sanitario público galego, está a deterioralo coa intención de facelo inviábel e así facilitar a súa privatización. A Xunta do PP considera a sanidade como unha grande oportunidade para o capital privado, o seu gran aliado, e por iso reduce os seus orzamentos e crea artificialmente situacións de desprestixio para facilitar a privatización da sanidade.

Relacionados