Valoración orzamentos da Xunta

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes lamenta que os orzamentos da Xunta se centren na débeda en lugar de facelo na cidadanía mentres destaca o seu marcado carácter antisocial e nulo investimento a prol do cambio do modelo produtivo, como demostra o recorte en todas as partidas, nomeadamente,  sanidade cun descenso de 110 millóns de euros e ensino con 153 millóns recortados.

Os devanditos recortes, xunto coa alarmante diminución das transferencias aos concellos, que xa se atopan nunha difícil situación económica, porán en perigo os servizos sociais. O que xunto coa falta de partidas a prol do cambio do modelo produtivo que significará o tiro de graza para o tecido produtivo galego están a condenar aos galegos e galegas ao paro, a pobreza e o sufrimento.

Esquerda Unida diante duns orzamentos da Xunta discriminatorios presentará alegacións a prol de maior investimento para a Coruña a través do seu grupo parlamentar Alternativa Galega de Esquerda. Moitas son as promesas para a nosa cidade que directamente desaparecen dos orzamentos como o enlace de la AP-9 con Alvedro, actuación enormemente demandada é que suporía un grande valor engadido para o noso aeroporto. O metro lixeiro, actuación que xa adiantou EU que non era real e que nunca se executaría. Mais especialmente grave é a eliminación da partida da residencia universitaria, que deixa A Coruña como a única cidade universitaria que non dispón de residencia pública.

Outras partidas de vital importancia, son alongadas no tempo como por exemplo as destinadas aos centros de ensino Eusebio da Guarda e Emilia Pardo Bazan, ou a eterna promesa incumprida da rexeneración da ría do Burgo. Incluso se alongan os prazos na Terceira rolda a actuación máis publicitada tanto polo goberno local como o autonómico.

En relación con Alvedro, non so desaparece a conexión coa autoestrada, senón que se manterá a situación de discriminación que está a facer que o noso aeroporto sega a perder enlaces. A Xunta non indica o investimento para cada aeroporto pero manterá subvencións a Lavacolla, mentres que para Alvedro seguirá coas inoperativas campañas de promoción que teñen demostrado con claridade a súa ineficacia, no que constitúe unha campaña encuberta de acoso e derribo do aeroporto coruñés.

Por outra banda os orzamentos do 2013 evidencian os atrasos na rehabilitación da Fabrica de Tabacos para converterse en sede xudicial, o que supón de facto un fraude á cidadanía coruñesa, pois o goberno municipal, en contra do criterio de EU, cedeu a Fabrica de Tabacos á Xunta, un patrimonio de todos os coruñeses e coruñesas, é agora sabemos que non disporemos de sede xudicial nesta nova lexislatura do Sr. Feijoo. O propio vicepresidente, Alfonso Rueda anunciaba fai uns meses que estrearíamos sede xudicial no 2015, máis o investimento para o 2013 é dun millón de euros cando a reforma e traslado precisan 20 millóns. Así o reparto pluriaunual chega até o 2016, pero o sobrepasará pois se asignan dous millóns para “2016 e seguintes”

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “en lugar de apostar pola tecnoloxía e a economía verde, o pouco que inviste a xunta na cidade o fai no caduco modelo do ladrillo e o formigón, malgastando 3 millóns este ano no soterramento do tráfico no Parrote, pero que chegarán a 12 millóns de euros nos próximos anos.

Relacionados