Valoración Pleno de febreiro

 

No pleno constataron a realidade que a opinión pública da cidade está sistemáticamente denunciando; a pelexa entre partidos fora do ámbito ideolóxico e estrictamente ligada á cor de unha ou outra administración. Reproches á xestión de Xunta, Concello, Deputación e mesmo goberno central sucédense nas intervencións plenarias en ocasións se ter que ver co contido nas mocións presentadas

 

ESQUERDA UNIDA considera que a imaxe actual do pleno do Concello amosa unha práctica política na que o que se dí e o que se fai é radicalmente contrario. Existe unha teima, especialmente dos partidos que pasaron polo goberno central de responder con acusacións de xestións anteriores aos problema actuais na órbita do “…cando vós gobernávades…). Hoxe temos problemas serios no Concello no tocante á orzamentos, servicios sociais e mesmo de acceso á información que requiren solucións e actitudes diferentes..

 

ESQUERDA UNIDA constata que en materia orzamentaria o Concello, Diputación e a Xunta están obrigados a entenderse polo que non entende como dende o PSOE se realiza unha proposta orzamentaria que consigna 0 euros ás partidas que por lei teñen que aportar ao mantemento das entidades locais. Esa batalla entre administracións está actuando de xeito negativo no futuro da cidade, dende o MARCO ate proxectos concretos de carácter social de importancia.

 

O pleno non debe ser un simple bombardeo de mocións, o estado económico do Concello, as demandas sociais, a recadación ou a solución de problemas sociais latentes na cidade teñen que elevarse ao mesmo, servir de plataforma social e cidadá para evitar o enquistado divorcio entre corporación e cidadanía. EU considera indispensable voltar a dotar ó Pleno empatía coa cidade

Relacionados