Valoración pleno de marzo

Todo indica que a suspensión do pleno do pasado martes foi unha decisión  premeditada; que o goberno municipal tentou evitar un abucheo masivo no pleno e logo na rúa, no contexto de crispación social existente e da moción de censura en cernes.

O pleno tiña previsto o seu inicio ás 20:00 horas e ás 20:15 o alcalde xa estaba saltando pola fiestra de atrás. Non houbo actitude agresiva en xeral por parte dos manifestantes agás algún empurrón na entrada do concello que acabou por mala sorte cun policía lesionado. Situación que houbérase evitado se como outras veces se  permitira o libre acceso ao pleno.

Inicióuse o pleno e aprobóuse a acta da anterior sesión, cando aínda os concelleiros dos partidos da oposición, que se atoparon con que lles pecharon a porta, estaban fóra do edificio, unha mostra máis das actitudes antidemocráticas do goberno do PP.

O enfrontamento do alcalde no salón de plenos cara  un portavoz dos afectados polas preferentes que tomara a palabra para solicitarlle ao goberno municipal un posicionamento ante a estafa sufrida por numerosas/os veciñas/os, foi provocadora, chamándolle “sindicalista” de xeito pexorativo e despectivo e decretando de seguido a suspensión do pleno. Todos os concelleiros do PP levantáronse ao remate desta provocación ao mesmo tempo que as/os asistentes contestaban con algarabía pero sen ningunha violencia.

Dende o Consello Político Local de Esquerda Unida facemos esta valoración contando coa información de múltiples testemuñas entre as que había militantes desta agrupación.

 

Relacionados