Valoración resultados electorais

 

Esquerda Unida valora o éxito do resultado electorais do 20N como a consolidación da esquerda real na Galiza. O noso crecemento xeral chama a atención, o que nos move a considerar que madura nun sector da cidadanía un fastío cara aos actuais partidos con representación.

 

A executiva nacional, logo de triplicar o número de apoios, ten a certeza de que Esquerda Unida terá representación no Parlamento galego nas vindeiras eleccións. Os 67.182 sufraxios acadados supoñen o 4,12% dos votos válidos, e case triplican os obtidos en 2008. Sentan polo tanto as bases para construír unha alternativa esquerdas quen de aglutinar a unha fracción significativa do electorado galego que  de xeito que acade presenza pública nas institucións, nomeadamente no Parlamento Galego e nos concellos.

 

Diante do desplome do PsdG e o constante goteo á baixa do BNG, Esquerda Unida – Os Verdes ten diante de si un momento político único para sumar forzas e constituír a referencia da esquerda real galega mediante procesos de converxencia para profundar no achegamento a todas e todos aqueles que buscan un espazo plural e compartido onde traballar persoas de diferentes tradicións ideolóxicas  para artellar un suxeito político que exprese os intereses da maioría social no noso país fronte aos recortes e agresións ás familias traballadoras das políticas do PP na Xunta, ás veces compartidas polos grupos da oposición.

 

Esquerda Unida debe converterse na ferramenta útil que necesita a maioría social que sufre as consecuencias das nefastas políticas neoliberais do PP e do PSOE. Polo que desenvolverá unha nova xeira de contactos, tal e como xa fixera fai dous anos no inicio do proceso de Refundación da esquerda galega, para acadar unha fronte ampla de esquerdas que sexa quen de sumar á esquerda política e á esquerda social. Así pois constitúe o noso obxectivo, contactar con todos os colectivos ecoloxistas, sindicais, feministas, sociais, ONG´S existentes no pais, co gallo de recabar as súas demandas para incorporar ao programa político.

Relacionados