Valoración resultados na Coruña

Non puido ser, o PP revalidou a súa maioría absoluta apesares de perder mais de cen mil votantes e que Alternativa Galega de Esquerda, coalición nacida fai un mes, convértase na terceira forza con 9 deputados e máis de douscentos mil apoios, resultado histórico.

Este excepcionais resultados demostran que a aceptación por parte da cidadanía da posición rupturista de AGE en contraposición cos partidos sistémicos, así a súa aposta por transcender o sistema capitalista, sistema esgotado e depredador, e cambiar o modelo produtivo, así como o distributivo, convértenos no referente da esquerda real.

Esquerda Unida agradece aos coruñeses o apio a Alternativa Galega de Esquerda que a converte na segunda forza política na cidade, cun 20,6 % de votos que se traducen en 25.100 apoios, triplicando con creces os resultados acadados nas municipais onde 7000 coruñeses e coruñesas confiaron en Esquerda Unida – Os Verdes, o que supuxo máis do 6% do total de votantes.

Apesares de que as eleccións municipais son unha cousa ben distinta ás autonómicas, o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes, considera que a ética seriedade, rigor e coherencia do traballo institucional desenvolvido no Concello axudou a acadar este resultado histórico na Coruña. Un traballo comprometido coa cidadanía, a pe de rúa, que pivota sobre a promoción da participación cidadá para que os coruñeses e coruñesas exerzan o seu dereito a decidir mediante asembleas de barrio nas que a veciñanza formula propostas que o noso grupo municipal defende no Concello.

Así, EU demostra que outra política é posíbel, a política que empodera a cidadanía, a política responsábel baseada na lealdade institucional que posibilita desenvolver unha oposición construtiva e propositiva aínda que na meirande parte das veces o goberno municipal rexeite as nosas achegas. Mais en todo caso, apesares de denunciar e rexeitar o groso da acción de goberno do PP porque non compartimos as súas políticas, non temos ningún problema e saudar as medidas que consideramos apropiadas.

César Santiso, indicou “teño unha sensación agridoce, contento polo resultado que acadamos mais triste porque non puidemos paralos, mais tamén é certo que agora ninguén poderá parar a Alternativa Galega de Esquerda que se converterá en forza hexemónica”, para elo debemos seguir a sumando tanto aos movementos sociais que queremos sexan eixo vertebrador da nosa actividade programática e parlamentar como de outras organizacións da esquerda real e alternativa, aquela que aspira a transformación da sociedade e aplica políticas de esquerda tanto na oposición como no goberno.

Relacionados