Esquerda Unida leva anos a reclamar pensións dignas e de calidade. Precisamente por estas reivindicacións, e coincidindo co Día Internacional das Persoas Maiores, esta mañá saímos ás rúas xunto a Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida.
Para Solla, é vital reivindicar a revalorización das pensións para combater o empobrecemento das e dos pensionistas. “As persoas maiores non poden, despois de toda unha vida de traballo, estar a cobrar unhas pensións de miseria”, comenta a deputada, “algo que xa ocorre cun 40% das pensionistas de Galicia, que están a vivir nunha situación de pobreza o exclusión social”.
Segundo sinala Solla, “valoramos de manera positiva os acordos do Pacto de Toledo, pero queremos que as pensións se revaloricen segundo o IPC por Lei, así como a suba do SMI, básico para termos unhas pensións futuras de calidade”.
Non perdas o vídeo en:
Coñece a nosa proposta para mellorar o sistema público de pensións, dende aquí