Presentei a miña candidatura ás Primarias Municipais na localidade de Pontevedra asumindo a responsabilidade de traballo polos cidadáns e cidadás, nun momento no que debemos ser o motor do cambio na política de Pontevedra e afrontar este proceso pola unidade da esquerda real, radicalmente democrática, participativa e transparente. Só podo sentir orgullo ao recibir a confianza das compañeiras e compañeiros de Esquerda Unida que me avalan como candidata da organización e que día a día traballan pola unidade da esquerda neste proceso de confluencia no que nos mergullamos para as vindeiras eleccións locais do 24 de maio de 2015. Hai moito que cambiar en Pontevedra, e nós teremos moito que dicir no Concello.
Recentes
- Esquerda Unida apoia a folga do persoal da Compañía de Radio Televisión de Galicia
- 25 de xullo. Unha Galicia democrática e libre
- Esquerda Unida solicita ao Parlamento Europeo que avalíe se o proxecto de Altri cumpre coas directivas medioambientais
- Esquerda Unida súmase á denuncia sobre a privatización dos futuros centros para a atención de vítimas de violencia sexual
- Eva Solla: “a Xunta de Galicia non só leva catro anos desprezando o elevado impacto ecolóxico e social, se non tamén agochando que cos fondos que deberan servir para mellorar o emprego e os dereitos sociais se pretende agasallar a unha multinacional”