Na Comisión de Cultura do Senado, na comparecencia do presidente da Fundación do Toro de Lidia, Vanessa Angustia lembrou que “a tauromaquia xera espazos de violencia, non é cultura; é violencia contra os animais”, dixo.
“Este sector, ademais de non ser rentable, está reprobado ética e moralmente por unha maioría social”, sentenciou a senadora.
“O que está en cuestión na actualidade non é si se pode usar aos animais, o que está en cuestión é xerar e exaltar os espazos de violencia, e iso non é cultura”, apunta Angustia. “Si que había unha especie propia de toros, aínda que vostedes crearon unha raza concreta para ser maltratada”, conta.
“Os espectáculos taurinos descenderon case o 60% no noso país […] moitas comunidades prohíben as corridas de toros, a explotación destes animais non é un sector produtivo para España e, o propio espectáculo vulnera o dereito superior do Neno, que está por riba de calquera cousa”, apunta.
Ver a intervención dende aquí: