A senadora de En Marea, Vanessa Angustia, interpela ao Goberno sobre a importancia de impulsar medidas para a igualdade efectiva nas persoas LGTBI no ámbito escolar, así como loitar contra o acoso escolar por orientación sexual e/ou identidade de xénero. Na súa intervención, vén de falar da importancia de pular pola educación cara a integración do colectivo LGTBI. “Cremos necesario promover a transversalidade no contido educativo con temas que educan na diversidade sexual e de xénero e eliminar o contido discriminatorio. Tamén facer protocolos e capacitación para os docentes”, dixo.
“De nada valen as leis se non se cumpren. Hai principios recoñecidos a nivel internacional para tecer espazos colaborativos e colectivos. Cómpre apostar por marcos para protexer aos menores e persoas”, explica a senadora Vanessa Angustia, que sinala que “os prexuízos aos que se enfrontan as persoas LGTBI son diferentes, pero a solución é común: apostar por unha educación baseada na diversidade e nos espazos de colaboración que nos fagan máis libres”, dixo.
Ver intervención completa dende aquí