A senadora de En Marea, Vanessa Angustia, interveu no pleno do senado para falar sobre as medidas forestais para evitar os lumes.
“A mellor política de prevención de incendios forestais é manter un monte vivo, un rural poboado e dinámico que garanta a soberanía alimentaria e a fin dos incendios”, sinala a senadora.
“É imprescindible termos un Plan Forestal contra o Monocultivo de Especies Pirófitas. Isto comeza pola exclusión do eucalipto dos nosos montes. Tamén apostar pola profesionalización dos servizos públicos, investir en I+D+i, promover o ben común fronte o privado, así como facer unha xestión conxunta dos recursos forestais”, dixo.
Segundo explica Angustia, é imprescindible “manter un mundo rural poboado e dinámico: permanecer nos territorios non é só un dereito, senón un beneficio para todos e todas”, apuntou.