Vanessa Angustia: “Temos que pular pola ciencia, a investigación e a innovación para ter un modelo produtivo de futuro”

A senadora de En Marea, Vanessa Angustia, vén de defender os dereitos laborais das e dos investigadores no noso país, uns dereitos moi maltratados. Entre as súas demandas, Angustia reivindicou a necesidade de tomar medidas de apoio para o colectivo investigador, actualmente moito deste emigrado, coa fin de que se lle poida dar continuidade ao seu traballo e ás súas carreiras, así como posibilitar o seu retorno nun futuro.

“Esta misma semana, a Asemblea de Investigadoras da USC vén de anunciar mobilizacións e folga para esixir máis dereitos laborais e a fin de ‘ninguneos’ das e dos traballadores da universidade. Por exemplo, as investigadoras de FPU e FPI teñen unha diferencia salarial de 1.000 euros do que di a táboa laboral e do que perciben; isto son razóns para repensar o que se está a facer”.

“Tamén é hora de mudar o marco normativo e de reflexionar porque temos persoal e equipos tan masculinizados”, así como “precarizados”, apunta. “É hora de dar a volta a isto e pular pola ciencia, a investigación e a innovación para ter un modelo produtivo de futuro”, remata a senadora.

Ver a súa intervención en: 

 

Relacionados