A senadora de En Marea, Vanessa Angustia, xunto a Fran Pérez, responsable federal de Extensión Internacional de Izquierda Unida, forman parte da delegación composta por 45 observadores/as internacionais que supervisaron o plebiscito do Proceso Nacional Constituínte de Venezuela que tivo lugar nesta fin de semana.
Os observadores internacionais foron os encargados de redactar o informe final electoral, valorado positivamente polo Centro Nacional Electoral. “O pobo de Venezuela votou a súa soberanía pola Constituínte. Voto masivo de 8.089.320 de persoas, moito máis alta da previsión”, sinala Vanessa Angustia en Twitter, ferramenta que está a usar para narrar este proceso.
🇻🇪 Primera jornada de acompañamiento de elecciones del Proceso Nacional Constituyente en Venezuela, recogido en el art.3 de su Constitución. pic.twitter.com/ib0i8HEUM0
— Vanessa Angustia (@VaneAngustiaEU) 27 xullo 2017
O labor destes/as observadores/as internacionais nos comicios que se celebraron o domingo 30 ao longo de todo o territorio venezolano consiste en realizar labores de acompañamento e supervisión, tales como revisar soportes técnicos, supervisar o correcto funcionamento das ferramentas electorais, así como visitar colexios electorais nos 24 estados do país.
Segundo explica nas redes persoais Vanessa Angustia, “representantes internacionais de todo o espectro ideolóxico estamos encargadas de velar pola transparencia do proceso, de maneira que a soberanía continúe residindo no pobo venezolano. Unha vez celebrado o plebiscito, as e os integrantes desta delegación internacional formaremos parte do Consello Nacional Electoral para comprobar e certificar o resultado do voto”.
🇻🇪 En esta segunda jornada hemos estado viendo el proceso de soporte técnico a la jornada electoral del Proceso Constituyente de Venezuela. pic.twitter.com/SJ7a6GvDjd
— Vanessa Angustia (@VaneAngustiaEU) 28 xullo 2017
🇻🇪 Hoy con @FranPerezIU, hemos visitado distintos barrios el día antes al proceso electoral de la Constituyente de Venezuela. pic.twitter.com/CLo5aF7c9o
— Vanessa Angustia (@VaneAngustiaEU) 29 xullo 2017
El pueblo de Venezuela ha votado su soberanía por la Constituyente. Voto masivo de 8.089.320 de personas, mucho más alta de la previsión. pic.twitter.com/pEg6Y0TYPq
— Vanessa Angustia (@VaneAngustiaEU) 31 xullo 2017