Venta dos vehículos municipais

 

Esquerda Unida – Os Verdes, aproba que se vaian a puxar o lote de vehículos oficiais co que conta o Concello, que rolda os 103.000 €. Asemade reprobamos o malgasto de anteriores gobernos municipais, que adquiriron os coches oficiais do Concello entre 1998 e 2008 durante os sucesivos gobernos de Francisco Vázquez e o bipartito.

 

En todo caso desexamos que realmente ese diñeiro recadado vaia para ás partidas de gasto social ou de reactivación económica, mais tamén gustaríanos que o Goberno municipal informarse minuciosamente do aforro en mantemento dos vehículos e o custe dos desprazamentos do alcalde e membros do Goberno para poder avaliar o grado de aforro que supñón a medida para as arcas municipais. 

 

Esquerda Unida sempre apoiará medidas de austeridade, que non recortes, pois o primeiro significa reducir gasto superfluo mentres que o segundo constitúe un ataque á cidadanía.  O diñeiro público debe ser administrado con criterios lóxicos de utilidade e repercusión directa na sociedade, con absoluta transparencia e totalmente afastado dos intereses particulares e partidarios.

 

Pero non compartimos que este tema transfórmese nunha cortina de fume para agachar o maior problema que teñen os coruñeses e coruñesas, o desemprego, diante do cal o Goberno municipal está a mostrar a súa inacción e a súa incapacidade para desenvolver políticas activas de emprego. No seu momento denunciamos os excesos cometidos polos anteriores gobernos e esperemos que nunca máis se repitan, pero superando esas instancias e os tons elevados para sacarse as cores entre o exgoberno e o actual, debemos demostrarlle á veciñanza que estamos traballando para resolver os seus problemas. Porque como indicou o voceiro de EU–V, César Santiso, “xa está ben de fotos e páxinas enteiras nos xornais que só conseguen a indiferenza da cidadanía cara ao labor dos políticos. Poñamos á política, con maiúsculas, no centro do debate e das solucións para a cidadanía”.

Relacionados