Despois de que dende o grupo parlamentario se presentará no Parlamento unha Proposición non de Lei na que se denunciaban os verquidos, o goberno galego esixiu á empresa a retirada dos recheos o que amosa o deixamento nas labores de vixiancia ambiental por parte da administración pública.
Santiago de Compostela, 25 marzo de 2013.- Alternativa Galega de Esquerda acusa á Xunta de Galicia de xogar coa saúde dos veciños e veciñas de Sedes (Narón) ao permitir o verquidos industriais nop unto xeodésico do Monte dos Nenos. O grupo parlamentar presentou o pasado día 19 de marzo unha Proposición non de Lei na que se denunciaba un verquido duns 1.500 Tm nun espazo de manantiais e se instaba a retirar a totalidade dos residuos. Unha semana despois coñecese que o goberno galego instou a empresa a levar a cabo esta retirada o que demostra a incompetencia e irresponsabilidade por parte do goberno galego que nun primeiro momento concedeu a licenza sen avaliar o impacto na saúdo pública e agora, despois das denuncias realizadas por parte do grupo de Traballo de Sedes e AGE, ten que recoñecer o seu erro e rectificar a súa decisión. Pero o caso é que os danos están xa feitos, polo que o grupo parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda esixe a inmediata avaliación do impacto para determinar as indemnizacións que correspondan, adoptar todas as medidas necesarias para recuperar o terreo e augas afectadas e incoar os expedientes sancionadores que procedan contra a empresa responsable dos verquidos.
O grupo parlamentario de AGE esixe así mesmo, as responsabilidades políticas por parte do goberno galego polo gravísimo erro cometido ao conceder o permiso a empresa sen avaliar e comprobar a previsión dos danos establecidos na memoria na que entre outras moitas deficiencias falta todo o estudio previo de impacto ambiental e das condicións dos acuíferos e non se atopa na memoria o mapa coa ubicación das captacións de auga autorizadas, documento non preceptivo pero si relevante dada a afectación sobresaínte das augas, ademáis de incluir datos erróneos na memoria, como é o caso da distancia do recheo/verquido respecto ao Rego dos Prados. Os verquidos afectan a parcelas que non forman parte das autorizadas, o que delata a falla de rigor da empresa responsable e a deixación da administración pública, que descoida as súas labouras de vixiancia ambiental.