Vertedeiro en Penamoa

Unha preocupación que se incrementa debido a posibilidade de que se estrague a zona rexenerada, neste sentido Esquerda unida denuncia vertedoiros incontrolados en Penamoa e culpabiliza ao goberno municipal por non outorgar aos terreos un uso público eficaz. Concretamente na zona das antenas existe unha zona extensa con cantidade de escombros, tamén apareceron bolsas de escombros e refugallos na zona dos depósitos. Incluso os incendios volven a aparecer, así fai uns días os bombeiros tiveron que achegarse á zona para apagar un lume. Esta situación se debe ao empeño do goberno local por non habilitar axiña espazos de lecer para a veciñanza dotados das infraestruturas necesarias que promovan a ocupación, uso e goce por parte da veciñanza.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera que a creación dun amplo espazo de hortas urbanas ecolóxicas en Penamoa, non so cubriría as demandas da veciñanza senón que evitaría o deterioro da zona. A proposta consiste en crear unha rede gratuíta de hortas na que as persoas desempregadas e en risco de exclusión social teñan prioridade de acceso. Esta iniciativa permitiría que os usuarios das hortas puidesen achegar alimentos frescos de máxima calidade as súas casas, algo difícil acadar nos Bancos de Alimentos. Por outra banda, servirá de actividade formativa para capacitar as persoas desempregadas en horticultura e agricultura ecolóxica facilitando a súa reconversión cara unha actividade primaria como a agraria que inexorabelmente debemos retomar a nivel comarcal, onde existe unha grande riqueza natural infrautilizada e que axudará a cambiar o modelo produtivo. Asemade consideramos de especial relevancia o efecto positivo que ten sobre a psiquis das persoas desempregadas a posibilidade de desenvolver un traballo produtivo.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “levamos tempo avisando de que si os terreos se atopan infrautilizados, os desaprensivos volveran a campar polas súas anchas e degradaran toda a zona”.

 

Relacionados