vertedoiro incontrolado a barca 16 xaneiro 2011 copiar.gif - 18.43 Kb

Vertedeiro incontrolado na Barca

Demandamos tamén a limpeza da maleza da desembocadura do río da Barca( esta todo integrado no mesmo espacio), na dúas marxes da estrada, sin esquencer a necesidade de instalar quitamedos para evitar posibles caídas ó río.

 

Esta actuación é necesaria e perentoria para evitar a reproducción sistemática de residuos de tódalas características neste punto en concreto do noso termo municipal.Polo tanto, demandamos axilidade ó goberno municipal para dar resposta a esta situación de abandono.

Non olvidamos que a cidadanía de Mugardos ten unha responsabilidade moi importante á hora de evitar a proliferación de vertedeiros incontrolados, polo tanto facemos un chamamento á poboación para que colabore na tarefa de manter o noso concello limpo.

Relacionados