Vertedoiro da Freixa

A Lei de información, participación pública e acceso á xustiza obriga á administración responsable a contestar ás solicitudes de información no prazo dun mes, feito que o Alcalde de Ponteareas está incumplindo reiteradamente.

O 12 de abril, Esquerda Unida, ante a presencia dun vertedoiro a todas luces ilegal no barrio da Freixa, rexistrou no Concello de Ponteareas, nun escrito dirixido ao Alcalde, varias preguntas relativas a responsabilidade e legalidade de dito vertedoiro. Preguntas que, a día de hoxe e en claro incumplimento da Lei 27/2006, de 18 de xullo, seguen sen resposta.

O Alcalde continúa, deste xeito, coa política escurantista propia da dereita caciquil representada neste caso no PP, acostumada a facer o que lle ven en gana sen dar explicacións a ninguén coma se o Concello fora a súa propiedade particular.

Dende Esquerda Unida denunciamos que son precisamente estas políticas da dereita as que están degradando o medio ambiente e a situación social.

O Concello ten unha responsabilidade innegable no vertedoiro da Freixa, sexa por promovelo ou por permitilo, e o que non pode facer é deixar correr o asunto sen dar explicacións ao respecto, polo que dende Esquerda Unida seguiremos denunciando este feito ata que se aclare a situación e se depuren responsabilidades.

Relacionados