Esquerda Unida denuncia un vertedoiro ilegal e descontrolado na rúa Oleoducto, situación inconcibíbel en pleno século XXI para unha cidade que se di moderna é aspira a estar a vangarda española e europea. De pouco sirve incorporarse a rede de cidades intelixentes si os poderes públicos non son quen de erradicar estas prácticas ou a lo menos actuar con dilixencia e rapidez diante deste tipo de actuacións incívicas.
Xa que logo, o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes esixe ao Goberno municipal que proceda a limpeza da zona e a tomar as medidas oportunas para recuperar os descampados da nosa cidade para o uso e goce público, en lugar de permitir a súa degradación e conversión en espazos marxinais.
O voceiro de EU-V, César Santiso, que indicou que “entendemos a política como un servizo a cidadanía, por iso sempre acudiremos cando a veciñanza nos reclame para tentar axudar na medida das nosas posibilidades”, propuxo transformar temporalmente todos os descampados abandonados en hortos urbanos “para recuperar zonas verdes degradadas e posibilitar unha nova ferramenta de subsistencia nestes duros tempos de crise”.
César Santiso indicou que con esta iniciativa, moitas das persoas desempregadas poderían, non so aprender e practicar unha activade alternativa, senón a posibilidade de producir coas súas propias mans e sentirse útiles.