Vertodoiro de Freixo

O coordinador local de eu, lino costas, dirixiu unha serie de preguntas ao goberno municipal para que aclare a situación deste vertedoiro.

De non resolverse pronto, EU denunciará esta situación a outras instancias e apoiará as iniciativas que  os veciños puideran emprender.

No barrio de a Freixa, na pista de propiedade municipal situada ao carón da área recreativa e o coñecido como “muiño vello” acumúlanse dende fai tempo diversos resíduos, ata tal punto que pode calificarse o lugar como “vertedoiro”.

Membros de Esquerda Unida, alertados polos veciños e veciñas, poideron comprobar de primeira man a existencia deste vertedoiro e mesmo como se lle planta lume. Feitos éstes que, ademáis dos danos ambientais que poidan estar ocasionando supoñen unha gran molestia para a veciñanza.

Esquerda Unida considera un despropósito e algo inaudito que o propio concello promova un vertedoiro ilegal ao que van a parar todo tipo de resíduos. Situación máis incomprensible aínda se temos en conta que o vertedoiro está situado nunha das principais zonas de recreo da vila. unha mostra máis da irresponsabilidade coa que a dereita adícase a gobernar.

 

Relacionados