A Marcha celébrase este ano nun intre particularmente decisivo, logo da sentenza do Tribunal Supremo, que deixa espidas as compracencias e deixacións das autoridade públicas con este negocio privado ao declarar nula a modificación do plan xeral da vila de Mugardos. Esta MARCHA non vai parar ate restaurar a legalidade e, xa que logo, a seguridade da nosa veciñanza.
Esquerda Unida está certa do valor da continuación e profundización dos mecanismos de loita cidadá para derrotar o escándalo Reganosa, unha PLANTA DE GAS ILEGAL, PERIGOSA, INNECESARIA E ONEROSA para a nosa cidadanía.
A coordinadora Nacional de EU vai participar nesta marcha, expresando a determinación de EU para cunha loita chamada a derrotar a cobiza dun grupo empresarial en maridaxe espurio con partidos políticos e responsables institucionais.
EU vai formular no Congreso unha iniciativa conducente a que se cre unha comisión de investigación sobre o escándalo Reganosa e se vai levar un completo dossier á Fiscalía Anticorrupción para depurar as posibles responsabilidades derivadas do cúmulo de irregularidades e ilegalidades que acumula esta planta.