María Rozas, responsable da secretaría
nacional de igualdade de EU “consideramos unha victoria ter parado esta contrarreforma, mais non debemos baixar a garda” continúa “xa que a nova ameaza do Partido Popular é a de impedir ás menores o dereito a decidir sobre os seus corpos”
Para Esquerda Unida, a lei actual non é suficiente, por iso as reivindicacións non rematan con este logro senón que continúan para acadar a despenalización do aborto así como a súa inclusión na sanidade pública, sen esquercer a nivel educativo a necesidade de introducir no currículo escolar a prevención e a educación afectivo sexual así como facilitar o acceso a métodos anticonceptivos.
A recente dimisión do ministro de xustiza Alberto Ruíz Gallardón, vén a demostrar como a presión social é quen de frenar unha modificación de lei dun goberno con maioría absoluta.
Non esquecemos que o anteproxecto desta reforma de lei foi aprobado nun consello de ministros o cal pón de manifesto a vontade dunha maioría ultracatólica que pretende imponer unhas leis que non contan co respaldo da cidadanía. Polo tanto, dende Esquerda Unida queremos apelar á responsabilidade e esiximos a dimisión do goberno que respaldou esta iniciativa.
Por isto facemos un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas para o 28 de Setembro, en defensa dos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres.
– Compostela: Praza de Praterías ás 12h
– Ferrol: Pasarrúas, saída ás 12 do Cantón e remate na Praza do Inferniño ás 13h
– Coruña: 12h no Campo da leña
– Vigo: às 11:30h no palco da Alameda de Bouzas.