Vigo acolle un debate sobre un novo reparto da financiación con Carlos Sánchez Mato, Eva Solla, Albino Prada, María Cadaval e Manuel Lago

Esquerda Unida organizou este xoves o coloquio: “Reformular o Estado: Por un novo reparto da financiación”, impartido por Carlos Sánchez Mato, Eva Solla, Albino Prada, María Cadaval e Manuel Lago, un debate no que as e os intervintes expuseron as súas propostas de reparto financeiro considerando que o modelo actual está obsoleto e non responde ás necesidades de galegas e galegos.

A encargada de presentar a charla, Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida, manifestou que a esquerda ten moito que dicir no que ao reparto financeiro se refire, polo que a clave é poñer o foco nun novo modelo de reparto de financiación que represente á propia visión da esquerda e que vaia máis alá da pelexa dos diferentes territorios. Na súa opinión, o reparto financieiro ten que pór sobre a mesa temas de vital importancia, como a situación social e económica que viven as traballadoras e traballadores do noso país.

Pola súa banda, Carlos Sánchez Mato, destacou que “temos unhas políticas que fan que as rentas máis altas saian beneficiadas. O PP quere una nova baixada fiscal que agudizará esta fenda. Estas políticas neoliberais non soamente agudizan as diferencias, as fomentan. Por exemplo, estamos 8.000 millóns de euros baixo a media europea en canto a gasto en educación”.

Pola súa banda, o deputado Manuel Lago explicou que estamos sometidos a un modelo de financiamento autonómico feito para 2009-2014 e, na actualidade, está obsoleto, o que é un fracaso. Respecto á débeda pública, asumiu que “os 11.200 millóns de euros equivalen a un ano de orzamento (teríamos que estar un ano sen sanidade, xustiza, educación para pagala, polo que é impagable). Neste senso, é preciso una reestructuración da deuda, que ten dos componentes: a quita e o aprazamento do pago. A diferencia do que pensamos (do que pensa Montoro) é que a quita ten que ser xusta, equitativa e igual; o que implica que Galicia non pode saír perxudicada por culpa da austeridade extrema do Sr. Núñez Feijóo”.

Na charla tamén expuseron a súa visión expertas e expertos de relevancia como María Cadaval, economista e profesora da USC e Albino Prada, economista e profesor da UVIGO.

Dende Esquerda Unida asumimos que unha gran parte dos problemas que ten a sociedade galega é a falta de ingresos derivada dun modelo de financiamento fracasado e que é unha urxencia política, social e económica dotarnos dun novo plan de financiamento actual para dar resposta aos problemas da cidadanía. É por iso que o novo plan de financiamento proposto dende a esquerda debe avanzar en varias liñas básicas, como a suficiencia dos recursos, a loita contra o fraude fiscal e a posta en marcha de medidas para destinar máis ingresos e recursos ás comunidades autónomas e aos concellos fronte os duro recortes que os está a someter Montoro.

Ver vídeo da charla dende aquí.

Relacionados