VII Foro feminista Falando Nós

 

Mª Dolores presenta este VII Foro e repasa a historia do feminismo en Ourense dende os anos 60 e 70, dende a súa experiencia persoal, acompañada de anécdotas e recortes de prensa, nos lembra os duros inicios e nos anima a que esta loita continúe pois os obxectivos que elas se prantexaban xa daquela, aínda non foron conseguidos.

 

A continuación Sari Alabau, que compartiu con Mª Dolores algunhas experiencias, detalla os feitos más destacados en Galicia nestas décadas anteriores, dende a súa experiencia en Ferrol.

 

Olga Castrillo foi a última das participantes, ofreceunos unha ponencia sobre a historia do feminismo dende os seus inicios no século XVIII (destacou a invisibilidade histórica do movemento feminista que, seguramente, xa coñecería de experiencias anteriores as que nos relatou, pero que seguramente quedaron perdidas na historia escrita), chegou na súa disertación ata a actualidade, cunha mención as diversas posturas do feminismo, ó postfeminismo e á súa relación co movemento Queer.

 

Cando rematan as intervencións, Lucía invita a todas as persoas asistentes a participar na manifestación que se levará a cabo en Compostela o 11 de marzo, convocada pola Marea Violeta en todo o Estado e que en Galicia convoca A Rede feminista e outros colectivos.

 

Esta sesión remata ás 20:30 h.

 

Esta primeira sesión das Xornadas consiste nunha charla – coloquio na que tres mulleres cunha ampla traxectoria aportan a súa experiencia na loita feminista desde os anos 60-70 e nos aportan tamén unha visión integral e histórica do feminismo en Ourense, en Galicia e no mundo.

Relacionados