Villares: “En Marea veu para quedarse e ocupar a segunda forza no Parlamento”

Tras a xuntanza da Coordinadora de En Marea para valorar os resultados electorais, Luís Villares  asegurou que “se abre un tempo novo”

Esta tarde reuniuse a Coordinadora de En Marea para analizar os resultados das eleccións ao Parlamento de Galicia, celebradas onte. O portavoz de En Marea, Luís Villares, reiterou o compromiso do grupo de 14 deputados e deputadas elixidas pola cidadanía para ocupar a segunda forza no Parlamento de Galicia. Así mesmo, Villares salientou a satisfacción de trasladar un proxecto serio e solvente con vocación de futuro, “viñemos para quedarnos” asegurou.

Por outra banda, trasladou tamén a “insatisfacción para non acadar responsabilidade de Goberno que era o noso obxectivo” pero estamos orgullosos de que “a cidadanía de Galicia nos dera a súa confianza e nos colocara como segunda forza no Parlamento de Galicia, para liderar claramente a oposición desde onde se defenderán ás maiorías do pais en clave de defensa dereitos sociais, da dignidade nacional de Galicia en clave de autoberno“.

Entre os condicionantes que motivaron aos resultados por debaixo das expectativas marcadas por En Marea, Luís Villares salientou a falla de tempo o que condicionou moito a capacidade de chegar coa nosa mensaxe á cidadanía pero “ábrese un tempo novo no que trasladaremos o noso proxecto para a sociedade e esperamos de aquí en adiante ter o respaldo da maioría social”.

 

Relacionados