Hoxe o voceiro do grupo municipal de EU no Concello da Coruña, César Santiso, xunto coa voceira da asociación Ve-la luz, Gloria Vázquez, desenvolveron unha rolda de prensa conxunta para denunciar a situación na que se atopan as mulleres maltratadas.
César Santiso indicou que “o goberno municipal presume de orzamentos sociais mais denega por falta de fondos a mínima inversión que supón habilitar un pequeno palco o día internacional contra a violencia de xénero para que asociacións e vítimas poidan visualizar e concienciar a sociedade mediante as súas experiencias”, Santiso afirmou que o PP no último Pleno impediu o debate dunha moción de EU-V neste sentido, algo que lamentou profundamente declarando que “o PP prefire facer brindes ao sol con minutos de silencio e grandielocuentes declaracións institucionais, en lugar de baixar a realidade e traballar pola erradicación do maltrato.
Segundo denunciou Gloria Vázquez as mulleres maltratadas atópanse confinadas, con horarios controlados tendo que xustifica as súas ausencias, asemade atópanse faltas do máis elemental até o punto de que teñen que ir a pedir roupa a beneficencia establecida nalgunhas igrexas e Cáritas, cando a casa de acollida recibe 57.000 € anuais de subvención da Xunta e so ten que manter catro habitacións e dicir catro vítimas, por outra banda denunciou a falta de medios humanos pois o servizo dispón dunha soa psicóloga que ten que atender a unhas 450 mulleres anualmente con 10-15 sesións a cada unha e ademais atender aos seus fillos, moitos tamén vítimas de violencia de xénero. Vázquez, asemade, denunciou o mal funcionamento da casa de acollida da Coruña, contrapoñendo a xestión exemplar que se desenvolve na de Vigo.
Esquerda Unida considera inaceptables as condicións nas que, segundo ve-la luz, se atopan as mulleres maltratadas na casa de acollida da Coruña.
Diante desta situación, o voceiro de EU-V preguntouse si esta é a maneira que ten o goberno municipal de promover a autoestima das mulleres maltratadas? subliñando que polo trato que están a percibir semella que o delito o cometeron elas, polo que anunciou que o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes presentará iniciativas plenarias para que o Concello exerza un maior control sobre a casa de acollida e mellorar e as vítimas teñan cubertas as súas necesidades básicas durante o seu proceso de reinserción social. Mentres que a voceira de Ve-la luz afirmou “canto diñeiro móvese para violencia de xénero e que pouco chega as vitimas, nin o 10%”.