visita ao lagares copiar.gif - 22.34 Kb

Visita á depuradora do Lagares

 

 

Rubén Pérez trasladou que EU remitiu máis información á Comisión de Peticións do Parlamento Europeo sobre a problemática da contaminación da Ria de Vigo, especialmente ante a prevista ampliación da depuradora de Lagares.

 

Para ESQUERDA UNIDA esta nova depuradora con novo emisario situado dentro da Ría, sen un sistema de tratamento adecuado de augas e deseñado desde un punto de vista localista, incumprirá, do mesmo xeito que a actual depuradora, varias directivas comunitarias, ademais de carrexar a afección de cinco Hábitats de Interese Comunitario situados na Xunqueira do Lagares.

 

Rubén Pérez suliñou que ter unha edar a pé da ría é unha clara amenaza á nosa biodiversidade e a sectores importantísimos como a pesca e do marisqueo”.

 

ESQUERDA UNIDA defende unha EDAR en altura (nos espacios despoblados como os forestais e con estacións de bombeo e rede separativa de augas pluviais e fecais).

 

Rubén Pérez igualmente lembrou que Esquerda Unida interpelou á Comisión Europea sobre o anteproxecto da nova depuradora de Vigo. Na súa interpelación, ESQUERDA UNIDA pediu información á Comisión sobre o seguimento realizado do programa de redución da contaminación da Ría de Vigo e, ante unha posible vulneración de normativa comunitaria, instou á Comisión Europea a explicar as “accións emprendidas para garantir que a nova EDAR respecte a Directiva Marco da auga 2000/60/CE, a Directiva 91/271/CEE relativa ao tratamento de augas residuais urbanas, a Directiva 2006/77/CE relativa á xestión da calidade das augas de baño, a Directiva 96/61/CE relativa á prevención e control integrados da contaminación, a Directiva 79/923/CE sobre a calidade esixida ás augas para a cría de moluscos, a Directiva 92/43/CEE (Hábitats) e a Directiva 2006/11/CE relativa á contaminación causada por determinadas sustancias perigosas vertidas no medio acuático”.

Relacionados