Visita albergue Padre Rubinos

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes visitou a residencia, a escola infantil e o albergue Padre Rubinos en resposta a invitación da xunta directiva da institución benéfica social. A delegación tivo un calido recibimento por parte da xunta directiva da institución encabezada polo seu presidente, Eduardo Aceña Rodríguez e membros do seu cadro de persoal.

 

Esquerda Unida subliña a grande labor que está a desenvolver no eido social a IBS Padre Rubinos, ao igual que outras ONG coruñesas, logo dunha conciencuda visita que se prolongou por espazo de máis dunha hora onde os diversos encargados amosaron as distintas instalacións e explicaron os métodos utilizados e os obxetivos que pretenden acadar.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, que recibiu unha grata impresión tanto das dotacións e o seu estado de conservación como na actitude e profesionalidade dos empregados e empregadas, declarou que “os coruñeses e coruñesas debemos moito a esta institución que está a facer un grande traballo, máis algo faia nos poderes públicos en xeral e no Concello en particular cando necesitamos do traballo solidario e voluntarioso destas organizacións para cubrir as necesidades sociais da poboación”. Por iso demandou ao Goberno municipal maior implicación orzamentaria para que os servizos sociais do Concello lideren e coordinen con maior forza o traballo no eido da emerxencia social.

 

Relacionados